A
ADSL:
Liña de subscrición dixital asimétrica. Tecnoloxía para transmitir información dixital a elevados largos de banda. A tecnoloxía ADSL prové unha conexión permanente e de gran velocidade.
Antivirus:
Progrtermosama que busca e elimina os virus informáticos que poden ter infectado un ordenador.
Arquivo adxunto:
Arquivo que acompaña unha mensaxe de correo electrónico. É axeitado para o envío de imaxes, sons, programas e calquera tipo de información.
Avatar:
Representación gráfica que se asocia a unha persoa usuaria para a súa identificación.
Alcume (nick ou nickname):
Nome da persoa usuaria empregado como identificación en actividades de socialización a través da rede.
B
Baixar:
Descargar un contido dalgún punto de Internet ao ordenador da persoa usuaria.
Báner:
Gráfico de dimensións relativamente pequenas que se mostra nunha páxina web con fins publicitarios.
Blogue, bitácora:
Tipo de páxina web que se utiliza como diario. Pode ser particular, colectivo ou dunha empresa.
Buscador ou motor de busca:
É un programa situado nun sitio de Internet que recibe un pedido de busca, o compara coas entradas da súa base de datos e devolve o resultado. Algúns dos máis coñecidos son Google, Bing, DuckDuckGo.
C
Cabalo de Troia:
Programa que contén un código daniño dentro de datos, aparentemente, inofensivos.
Cargar (upload):
Proceso de transferir información desde un ordenador persoal a algunha rede.
Ciber-:
Este prefixo, unido a case calquera palabra, relaciónaa co mundo de Internet: cibernauta, ciberpunk, ciberexperiencia, etc.
Ciberdelincuente:
Persoa que utiliza internet e a tecnoloxía para cometer delitos.
Clave de acceso (password):
Sinal ou contrasinal dun só uso.
Colgar:
Por unha banda, pode facer referencia ao feito de que o ordenador quede bloqueado ou parado; por outra, colgar tamén se refire a cargar ou subir un arquivo en Internet é transmitir o arquivo dun ordenador á web.
Conversar (chat):
Servizo de Internet que permite a dúas ou máis persoas usuarias conversar en liña, mediante o teclado, de maneira simultánea.
Copia de seguridade (backup):
Acción de copiar documentos, arquivos ou ficheiros co obxectivo de poder recuperalos se hai un fallo no sistema.
Correo lixo (spam):
Envío masivo, indiscriminado e non solicitado de publicidade a través das contas de correo electrónico.
D
Descarga:
Acción mediante a que se grava información existente nunha rede nalgún dispositivo de almacenamento do noso ordenador.
Devasa, barreira de control electrónica (firewall):
Mecanismo de seguridade que impide o acceso a unha rede.
Disco duro:
É unha unidade de almacenamento fixo onde se garda a información de maneira permanente, podendo ser modificada ou borrada. Outro parámetro importante é o tempo medio de acceso, que indica a rapidez coa que se le a información.
E
E-mail ou Correo electrónico:
É o servizo máis básico, antigo e utilizado dentro de Internet. A mensaxe electrónica é o medio máis rápido e eficaz de comunicación. Permite intercambiar mensaxes, programas, vídeos, imaxes, etc.
En liña (on line):
Estar liña, conectado. Estado no que se atopa un ordenador cando se conecta directamente coa rede a través dun dispositivo, por exemplo, un módem.
Espión (spyware):
Programa instalado nun ordenador que recolle información sobre a persoa usuaria que o utiliza sen o seu coñecemento para envialo vía Internet a quen logo vende a información ou a usa para realizar ou estatísticas ou accións posteriores, como correo lixo.
F
Foro:
É un taboleiro de anuncios onde de colocan mensaxes e se establece un grupo de debate en liña. Normalmente, existe unha persoa, que modera, en cada foro, para regulalo.
H
Hacker:
Persoa que penetra nas redes e intenta ter acceso a zonas ou contidos reservados. Non está asociado a cometer delitos.
I
Internet:
Rede de redes. Sistema mundial de redes de ordenadores interconectados. Foi concibido a finais da década de 1960 polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América, máis concretamente pola ARPA. Nun primeiro momento denominouse arpanet e foi pensado para realizar funcións de investigación. O seu uso popularizouse a partir da creación da World Wide Web. Na actualidade, é un espazo público utilizado por millóns de persoas en todo o mundo como ferramenta de comunicación e información.
Intranet:
Rede privada existente dentro dunha empresa ou organización.
L
Ligazón (link):
Enlace, imaxe ou texto destacado, mediante subliñado ou color, que leva a outro sector do documento ou a outra páxina web. Hipervínculo.
Listaxe de distribución:
Relación de direccións electrónicas que conforman un grupo de traballo ou de interese e a cuxas persoas propietarias se remiten, de maneira simultánea, determinadas mensaxes a través do correo electrónico.
N
Navegador (browser):
Aplicación informática que permite acceder á información gráfica, textual e multimedia na web.
Navegador:
Programa para recorrer a World Wide Web. Algúns dos máis coñecidos son Microsoft Internet Explorer, Mozilla, Firefox, Google Chrome e Opera.
Nome de usuario (username):
Nome intelixible que identifica ao usuario dun sistema ou dunha rede.
P
Páxina Web:
Unha das páxinas que compoñen un sitio da web. Un sitio web agrupa un conxunto de páxinas afíns. Á páxina de entrada chámaselle “páxina inicial ou páxina principal”.
Programas (software):
Termo xeral que designa os diversos tipos de programas usados en computación.
R
Realidade virtual:
Tecnoloxía informática e de comunicacións pola que mergulla a persoa usuaria nun entorno virtual de natureza espazo-sensitiva por medios artificiais que lle permiten actuar co sistema de maneira interactiva.
Rede:
Sistema de comunicación de datos que conecta, entre si, sistemas informáticos.
Rede social:
Sistema de comunicación de datos que conecta, entre si, sistemas informáticos.
Redes persoa-persoa (peer to peer, P2P):
Sistema de comunicación bilateral exclusiva entre dúas ou máis persoas a través de Internet coa finalidade de intercambiar información e arquivos.
S
Sala de conversa (chat room):
Habitación virtual ou espazo no que se conversa. As conversas soen organizarse por temas ou por intereses comúns.
Sistema operativo:
Programa que administra os demais programas dun ordenador.
U
URL (universal resource locator):
Localizador universal de recursos. É o termo que se utiliza para referirse a un enderezo de Internet. Cada URL é único e está formado por varias partes.
V
Virus:
Pequeno programa que “infecta” unha computadora. Pode causar efectos indesexables e mesmo danos irreparables.
Y
Youtube:
Sitio web (www.youtube.com) no que se aloxan millóns de vídeos e que permite a descarga de vídeos por parte das persoas usuarias.