Identificación do titular do sitio web
Este sitio web foi creado e é mantido polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (en adiante CPEIG ou o Colexio), corporación de Dereito Público creada pola Lei 10/2006, de 1 de decembro, e que se regula polos seus Estatutos, aprobados polo decreto 100/2016, do 7 de xullo.
De conformidade co establecido na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, infórmase de que o CIF do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia é Q-1500325-D, que o domicilio postal é Rúa Fernando III O Santo 13-1ªA, C.P. 15.701 de Santiago de Compostela, A Coruña, o teléfono de contacto é 981 592 773 e a dirección de correo electrónico secretaria@cpeig.gal.
Este sitio web ten como obxectivo facilitar ós colexiados e á sociedade en xeral a información sobre as actividades que realiza o Colexio ou novas de interese, así como proporcionar os servizos colexiais.
Condicións de uso da web
O acceso ó sitio web implica a aceptación das condicións contidas no presente aviso, polo que, no caso de non estar conforme con algunha destas condicións, deberase cesar no uso do presente sitio web.
O uso do sitio web, como dos servizos que se ofrecen, son en principio de carácter gratuíto.
Acceso o sitio web
O sitio web do Colexio está formado por unha parte pública e unha parte privada. A parte pública do sitio web é libre, gratuíta e non require que o visitante (ou usuario) facilite ningunha información sobre si mesmo. Non obstante, o acceso á parte privada da web está restrinxido ás persoas colexiadas e ás persoas autorizadas.
Os colexiados serán dados de alta e asignaráselles unhas credenciais para que poidan acceder á área privada do sitio web.
Todo usuario ten obriga de usar a web de forma dilixente e correcta, polo tanto o usuario comprométese a non utilizar a web nin os servizos ofertados para a realización de actividades contrarias ás leis, á moral, á orde pública establecida, con fins ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiros; e, en xeral, a facer un uso conforme ás presentes condicións xerais.
Do mesmo xeito, obrígase a non realizar a través dos servizos actividades publicitarias ou de explotación comercial e a non remitir mensaxes utilizando unha identidade falsa, así como a non ocultar de xeito algún a orixe da mensaxe.
Funcionamento, Contido e Exención da Responsabilidade
Os contidos incorporados ó sitio web foron elaborados, en todo momento, de boa fe, co propósito de dar información ós usuarios, polo que o CPEIG non asume ningún tipo de responsabilidade respecto á integridade ou exactitude da citada información, nin garante a exactitude, nin a posta ó día desa información, a cal poderá ser modificada sen previo aviso. Tampouco se responsabiliza dos eventuais errores tipográficos, formais ou numéricos que poida conter o sitio web.
Este sitio web ten ligazóns e conexións con outros sitios web, sen que por isto o Colexio poda responder da calidade, exactitude e veracidade dos contidos das mesmas, polo que non se fai responsable de calquera perda, directa ou indirecta, consecuencia das decisións adoptadas en base á información dispoñible nos citados sitios web.
A presenza destes enlaces no sitio web do Colexio ten unha finalidade informativa, non constituíndo en ningún caso unha invitación ou recomendación á contratación de produtos ou servizos que se ofrezan no sitio web destino e en ningún caso implican o apoio ás persoas ou entidades autoras de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopan. Deste xeito, o Colexio non se responsabiliza do contido e dispoñibilidade dos sitios web ós que enlaza fora da súa páxina, de danos ou perdas que poidan xurdir pola conexión, polo uso do contido, produto ou servizo dispoñibles nos sitios web ós que se dirixen os enlaces.
O Colexio reservase o dereito de realizar en todo momento e sen necesidade de previo aviso ós usuarios do portal, as actualizacións e modificacións que considere oportunas, tanto na información contida como na estrutura ou das condicións de acceso ó sitio web. Por isto, o Colexio non se fai responsable de perdas, directa ou indirectas, consecuencia de decisións adoptadas en base á información dispoñible no sitio web.
Do mesmo xeito, o CPEIG non se fai responsable dos posibles erros de comunicación, non podendo garantir o funcionamento continuo e a dispoñibilidade de acceso ó sitio web. En todos os casos, o Colexio realizará á maior brevidade posible, todas as actuacións para a corrección dos erros.
Dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial
Tanto o deseño do sitio web, o seu código fonte, logos marcas e outros signos distintivos que aparecen no mesmo son susceptibles de uso industrial e comercial, e pertencen ó Colexio ou ás entidades colaboradoras, e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.
O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga queda totalmente prohibida salvo expresa autorización por escrito do CPEIG.
Os contidos do sitio web están igualmente protexidos polos dereitos de propiedade intelectual do Colexio ou de terceiros. O uso dos contidos elaborados polo CPEIG será permitido unicamente cando exista unha autorización previa e por escrito a tales efectos por parte do Colexio.
O Colexio declara o seu respecto ós dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que este sitio poida estar violando os seus dereitos, pregamos se poña en contacto co Colexio mediante o correo electrónico informacion@cpeig.gal
Lexislación aplicable
A lexislación aplicable é a española. Se houbese calquera tipo de controversia co sitio web, as partes, con renuncia expresa ó foro que puidera corresponderlles, someteranse ó foro dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, A Coruña.